Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo e a Deputación organizan unha excursión con deportes extremos para a mocidade lucense

O Concello de Lugo e a Deputación organizan unha excursión con deportes extremos para a mocidade lucense

  • Tema
    • Xuventude
Mércores, 30 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude, e a Deputación de Lugo organizan unha excursión incluída dentro do programa Km0 Xtreme.

Esta viaxe, que terá lugar o 14 de xullo, está concibida para mozos e mozas lucenses de entre 14 e 30 anos.

Os participantes nesta excursión realizarán a “Ruta Móllate” e disfrutarán dun xantar nun restaurante da Mariña lucense, dunha visita ao Mazo de Santa Comba, e da realización de actividades como vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico.

O Concello oferta un total de 24 prazas e o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores 7 de xullo. Os interesados en participar poden chamar ao teléfono 982 297 496, ao teléfono de atención á cidadanía 010, ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil do Concello sita no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-e-deputacion-organizan-unha-excursion-con-deportes-extremos-para-mocidade-0