Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo deixou reparada durante a mañá a fuga de augas de San Lázaro

O Concello de Lugo deixou reparada durante a mañá a fuga de augas de San Lázaro

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras rematadas,
    • Auga
Mércores, 18 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Medio Ambiente deixou arranxada esta mañá a fuga de augas detectada en San Lázaro.

O concelleiro de área, Álvaro Santos, informaba de que ás 11:30 horas a subministración foi tamén restablecida dotando de servizo ás vivendas afectadas.

Santos Ramos indicou que os operarios da brigada municipal continúan traballando na zona para reparar o firme. Aínda que xa é posible circular por esta vía pode que se produzan novos cortes de tráfico puntuais durante a xornada mentres finalizan as obras.

Audio

  • O concelleiro de área, Álvaro Santos, sobre a fuga de augas de San Lázaro | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-deixou-reparada-durante-mana-fuga-de-augas-de-san-lazaro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190918_alvaro_santos_-_fuga_en_san_lazaro.mp3