Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo decreta dous días de luto oficial polo falecemento do concelleiro Manuel López

O Concello de Lugo decreta dous días de luto oficial polo falecemento do concelleiro Manuel López

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional
Sábado, 25 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo decretará desde mañá dous días de luto oficial con motivo do falecemento do concelleiro da Corporación municipal, Manuel López Fernández. Así mesmo, durante ese tempo, a bandeira do Concello de Lugo ondeará a media hasta e non se realizarán actos oficiais como manifestación do pesar da Cidade pola repetina morte do edil do PP.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, trasladou a súa tristeza polo acontecido e a do equipo de Goberno á familia e aos amigos do concelleiro, así como aos seus compañeiros do PP, destacando a gran dedicación de Manuel López durante todos os anos de traballo como servidor público, e agradecendo o seu talante sempre respectuoso e propositivo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-decreta-dous-dias-de-luto-oficial-polo-falecemento-do-concelleiro-manuel