Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo declara non apta para o consumo a auga de abastecemento municipal mentres se acometan os traballos de purgado que comezaron hoxe

O Concello de Lugo declara non apta para o consumo a auga de abastecemento municipal mentres se acometan os traballos de purgado que comezaron hoxe

  • Tema
    • Urbanismo
Mércores, 10 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, informou hoxe que o Goberno Local declarou non apta para o consumo a auga de abastecemento municipal mentres duren os traballos de purgado que se están acometendo. Manterase en tanto duren as tarefas debido á elevada turbiedade que presenta o líquido, o que a fai inapropiada para o seu uso, expuxo.

O Concelleiro explicou que as analíticas rexistradas nos últimos meses revelan que a auga é potable. Sen embargo, e con motivo do intenso purgado que comezou hoxe en toda a cidade, o Concello de Lugo recomenda non beber a auga da traída, por mor da súa turbidez.

Así, os índices de turbidez desaconsellan o seu consumo, tal e como se lle trasladou á Consellería de Sanidade a través da Delegación Territorial esta mesma mañá.

O purgado estase levando a cabo por mor das queixas rexistradas en relación coa turbidez da auga. Esta medida permitirá renovar a auga da rede.

Previsiblemente a recomendación rematará logo de 48 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-declara-non-apta-para-o-consumo-auga-de-abastecemento-municipal-mentres-se