Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo concede unha ampliación de prazo de 38 días laborais para a obra de peonalización de Montevideo

O Concello de Lugo concede unha ampliación de prazo de 38 días laborais para a obra de peonalización de Montevideo

A empresa que acomete o proxecto presentou con data de 25 de febreiro unha solicitude na que acredita a influencia dos restos arqueolóxicos atopados en Bolaño Rivadeneira e documenta xornadas do actual prazo que se viron suspendidas por climatoloxía adversa.

A solicitude foi estudada polos técnicos municipais que consideran que os motivos expostos afectan ao cronograma de traballo e fixan como data máxima de finalización o próximo 6 de maio.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Mércores, 26 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo concederá unha ampliación de prazo de 38 días laborais para a obra de peonalización que se leva a cabo dentro do Proxecto Corazón Verde, entre a porta da Muralla de Bispo Odoario e a Praza de Ferrol, e que supón a peonalización e humanización de espazos tan importantes do Centro Histórico como as rúas Montevideo ou Bolaño Rivadeneira.

A medida foi adoptada logo de que onte, 25 de febreiro, a empresa que acomete este proxecto, Xestión Ambiental de Contratas, presentara unha solicitude na que acredita a influencia que tivo sobre os traballos a aparición dos restos arqueolóxicos atopados en Bolaño Ribadeneira e documenta que algunhas das xornadas do actual prazo - aínda en vigor - tiveron que ser suspendidas por climatoloxía adversa, fundamentalmente episodios de choiva que afectaron de xeito directo nas actividades de pavimentación e, en menor medida, a labores de movemento de terras.

A solicitude foi estudada polos técnicos municipais, que consideran que os motivos expostos afectan ao cronograma de traballo e consideran oportuno autorizar a prórroga fixando como data máxima da súa finalización o próximo 6 de maio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-concede-unha-ampliacion-de-prazo-de-38-dias-laborais-para-obra-de