Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo colobora con ALTAGA para achegar os obradoiros nutricionais saudables á escola

O Concello de Lugo colobora con ALTAGA para achegar os obradoiros nutricionais saudables á escola

Xoves, 10 de decembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro está a organizar en colaboración coa Asociación de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia (ALTAGA) obradoiros nutricionais orientados a nenos en idade escolar.

Así, aqueles centros escolares que o desexen poden contar con estas xornadas formativas destinadas a alumnos de todas as idades.

Con esta iniciativa preténdese:

  • Fomentar a educación nutricional dos nenos desde a súa andaina escolar
  • Iniciar aos escolares no mundo da cociña e da gastronomía
  • Apender a mercar os alimentos, preparalos e cociñalos
  • Estimular comportamentos positivos que favorezan a aceptación e o desenvolvemento duns hábitos saudables

Estes obradoiros buscan que os escolares aumenten os seus coñecementos sobre os alimentos e o seu valor nutritivo para que poidan aplicalo na súa vida diaria, adquiran hábitos alimetarios saudables e aprendan a valorar os recursos naturais das distintas zonas xeográficas e a protexer o patrimonio gastronómico e cultural.

Os obradoiros prácticos están orientados aos nenos en idade escolar desde os 3 aos 12 anos.

Calendario nos centros da cidade:
Xoves e venres no Anexa
15 e 17 de decembro no María Auxiliadora


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-colobora-con-altaga-para-achegar-os-obradoiros-nutricionais-saudables