O Concello de Lugo colabora con Decathlon nunha xornada de voluntariado ambiental para limpar a contorna do Miño
As prazas para participar son limitadas polo que cómpre realizar inscrición na web www.experienciadeportiva.decathlon.es [1]
- Tema
- Medio ambiente
O Concello de Lugo colaborará, este domingo, coa empresa de material deportivo Decathlon nunha xornada de voluntariado ambiental que terá lugar na contorna do Río Miño.
A actividade, dirixida a todos os públicos e organizada polo establecemento comercial, será secundada por diversas asociacións e levarase a cabo en diferentes quendas entre as 10:00 a 12:00 horas e entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Para o tenente de alcaldesa responsable da área de Cohesión Territorial, Miguel Fernández, “a tarefa de fomento dos valores ambientais e o traballo pola sostibilidade debe ser unha acción diaria e constante, por parte tanto de administracións como da cidadanía, pero ás veces necesitamos poñer o foco nun aspecto concreto, como neste caso, que se centra na recollida de residuos para axudar a conservar o noso medio natural”, sinalou.
O edil fixo un chamamento á veciñanza de Lugo a participar na acción, que ten prazas limitadas polo que é obrigado inscribirse gratuitamente a través da páxina web www.experienciadeportivadecathlon.es [2]
O punto de encontro será no paseo do Miño á altura das Saamasas.
Documento
- Cartel - Xornada de voluntariado ambiental para limpar a contorna do Miño | Descargar pdf [3]
