Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón para recadar fondos para os seus clubs deportivos

O Concello de Lugo colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón para recadar fondos para os seus clubs deportivos

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 19 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou xunto á Xefa Territorial de Presidencia da Xunta, Marta Barreiro, e o Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de recadar fondos para os seus clubs deportivos.

Neste evento participarán máis de 200 persoas, entre os modelos e os 8 equipos que serán presentados esa noite.

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 21 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo.

Esta asociación de mozos foi fundada en 1990 e todos os seus socios están vinculados ao mundo do deporte e en especial ao baloncesto, actividades de lecer e tempo libre. Durante o desfile, terá lugar a presentación dos novos equipos de baloncesto C.B. Sagrado Corazón e C.P. Maristas.

Para esta actividade contan coa colaboración de diversos establecementos de roupa e complementos da cidade. Ademais se levarán a cabo diversos sorteos de camisetas do CB Breogán, do Ensino, Azkar, e CD. Lugo. Ademais, o público asistente poderá disfrutar con dúas actuacións de Break Dance.

O Concelleira agradeceu á asociación o esforzo que está a facer ano tras ano por promover a práctica do deporte da cidade, principalmente entre os máis mozos e animou a todos os lucenses a participar nesta cita xa que “vai a ser algo do que disfrutarán”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-colabora-coa-asociacion-xuvenil-sagrado-corazon-para-recadar-fondos-para-os