Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo colabora co I Open Tempo de Pádel

O Concello de Lugo colabora co I Open Tempo de Pádel

  • Tema
    • Deportes
Venres, 23 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participou esta mañá na presentación do I Open Tempo de Pádel. Neste acto de presentación participaron ademais Domingo Seijas do Club Padel Nuestro (organizador do evento) e Marcos Rodríguez, do restaurante Tempo.

As finais do campionato terán lugar o 5 e 6 de xuño para categorías femininas e masculinas. A fase inicial celebrarase o 28,29 e 30 de maio.

En total participarán 24 parellas en masculino A e B e feminino.

Os primeiros e segundos clasificados de cada categoría recibirán como premio unha viaxe.

Para inscribirse neste Open de Pádel pódese chamar ao 982 100 012 ou 687 917 609.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-colabora-co-i-open-tempo-de-padel