Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo colabora co Club de Natación Porta Miñá de que celebra a súa apertura de curso na piscina municipal das Pedreiras

O Concello de Lugo colabora co Club de Natación Porta Miñá de que celebra a súa apertura de curso na piscina municipal das Pedreiras

  • Tema
    • Deportes
Venres, 25 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O club de natación lucense Porta Miñá, co comezo do novo curso 2009-2010, presenta ao seu equipo de natación mañá sábado, 26 de setembro, nas instalacións municipais da piscina municipal das Pedreiras.

Neste acto participarán o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, que compartirán a celebración cos deportistas lucenses que tantos títulos veñen conseguindo para a cidade nas diferentes competicións.

Nesta presentación participarán arredor de 200 deportistas. O público asistente poderá disfrutar coa demostración de natación sincronizada que terá lugar a partir das 13:50 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-colabora-co-club-de-natacion-porta-mina-de-que-celebra-sua-apertura-de