Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo colabora a 14ª edición da carreira pedestre San Silvestre 2008 que terá lugar o día 31 de decembro

O Concello de Lugo colabora a 14ª edición da carreira pedestre San Silvestre 2008 que terá lugar o día 31 de decembro

  • Tema
    • Deportes
Venres, 26 de decembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do Club Fluvial, Eduardo Núñez Torrón e o membro da directiva Eugenio Rodríguez Nuñez, presentaron a 14ª edición da carreira pedestre San Silvestre 2008 que terá lugar o día 31 de decembro.

O responsable municipal de Deportes destacou a vixencia dunha carreira coma esta que pervive logo de 14 anos e con numerosos seguidores: “neste momento xa contamos con máis de 400 inscritos só nas categoría de adultos. Xa está consolidada como a carreira que despide o ano”.

A carreira, organizada conxuntamente co Club Fluvial de Lugo e coa colaboración do Club Media Maratón, da Dirección Xeral para o Deporte e de A21 Deportes, conta con categorías infantís e para adultos.

Terá lugar o día 31 de decembro a partir das 16:30 horas e o percorrido é o xa tradicional con saída e chegada na zona do paseo Fluvial próximo ao Pazo de Feiras e Exposicións. Os adultos percorren 6 quilómetros e medio e están divididos en cinco categorías atendendo á súa idade.

Os participantes nas carreiras infantís non levan chip, sendo o seu control de postos manual, os adultos levarán o chip electrónico de control.

En canto ás inscricións, os organizadores explicaron que os corredores infantís que participan no circuíto Corre con Nós, non precisan facer inscrición na San Silvestre, o resto deberá facela o mesmo día da proba entre as 15:30 e as 16:15 no postos da organización. Os adultos debe inscribirse ata o día 27 de decembro ás 22:00 horas en www.championchipnorte.com [1], excepto que participen no circuíto Corre con Nós.

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-colabora-14a-edicion-da-carreira-pedestre-san-silvestre-2008-que-tera-lugar

Ligazóns:
[1] http://www.championchipnorte.com/