Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Calceta en Público cunha xuntanza no Mercado Municipal

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Calceta en Público cunha xuntanza no Mercado Municipal

A Concelleria de Benestar Social e Igualdade informa de que mañá, 11 de xuño, co gallo da celebración do Día Mundial da Calceta en Público, terá lugar unha actividade no que todas as persoas que o desexen poderán tecer xuntas no Mercado Municipal.

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 10 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleria de Benestar Social e Igualdade informa de que mañá, 11 de xuño, co gallo da celebración do Día Mundial da Calceta en Público, terá lugar unha actividade no que todas as persoas que o desexen poderán tecer xuntas no Mercado Municipal.

Para a actividade habilitaranse mesas e cadeiras na praza para que as persoas interesadas poidan sentarse a facer calceta ou a aprender a facela. A actividade terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 e as 19:00 horas. O acto, organizado polo Concello de Lugo, está aberto á participación de toda a cidadanía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-celebra-o-dia-mundial-da-calceta-en-publico-cunha-xuntanza-no-mercado