Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Calceta en Público cunha xuntanza na Praza da Soidade

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Calceta en Público cunha xuntanza na Praza da Soidade

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 17 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleria de Benestar Social e Igualdade informa que mañá 18 de xuño co gallo da celebración do Dia Mundial da Calceta en Público, terá lugar unha actividade no que todas as persoas que o desexen poderán tecer xuntas na Praza da Soidade.

Para elo habilitaranse mesas e cadeiras na Praza para que as persoas interesadas poidan sentarse a facer calceta ou a aprender a facela. A actividade terá lugar entre as 11:00 e as 14:00 horas e entre as 17:00 e as 20:00 horas. O acto, organizado polo Concello de Lugo, está aberto á participación de toda a cidadanía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-celebra-o-dia-mundial-da-calceta-en-publico-cunha-xuntanza-na-praza-da