Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo brindará un minuto de silencio durante a vindeira proba do Corre con Nós polo falecemento do atleta Julián Bernal Medina

O Concello de Lugo brindará un minuto de silencio durante a vindeira proba do Corre con Nós polo falecemento do atleta Julián Bernal Medina

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 17 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo quere mostrar a súa sinal de dolo polo recente falecemento do veterano atleta Julián Bermal Medina e convocará un minuto de silencio ao comezo da vindeira proba do circuíto de carreiras populares Corre con Nos que terá lugar o vindeiro sábado 20 de marzo na estrada do río Rato.

Julián Bernal Medina (Sotragero, Burgos, 1919) foi un ferrolán de adopción que un día calzou unhas zapatillas, votou a correr e xa non se detivo… ata hoxe, que faleceu á idade de 91 anos.

Bernal Medina foi un asiduo participante del circuíto de carreiras populares de Lugo desde os seus comezos e participante en múltiples carreiras ao longo de toda Galicia e da Península.

O Concello de Lugo quere transmitir con este minuto de silencio todo o seu apoio neste momento tan duro á súa familia e amigos.

deportes.lugo.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-brindara-un-minuto-de-silencio-durante-vindeira-proba-do-corre-con-nos-polo

Ligazóns:
[1] http://deportes.lugo.es