Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo activa o Plan de Emerxencias Municipal ante a alerta de nivel amarelo por vento e neve

O Concello de Lugo activa o Plan de Emerxencias Municipal ante a alerta de nivel amarelo por vento e neve

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Xoves, 22 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A medida se tomou a última hora desta mañá ante os fenómenos meteorolóxicos adversos, previstos ata as 00:00 horas do sábado, comunicando a alerta aos servicios municipales e concesionarias e pechando os parques da cidade. 

Referido a fenómenos meteorolóxicos adversos de nevadas e segundo dito plan, en caso de xeadas ou acumulación de neve: 

  • Dentro da delimitación do Centro urbano encárgase a Empresa Concesionaria da limpeza.
  • Fóra do centro urbano: 
  1. Vías titularidade doutras administracións públicas comunicarase ás adminsitracións competentes as incidencias.
  2.  Vías titularidade municipal, realizouse un intercambio de vehículos de distintos Servizos do Concello de Lugo; un vehículo pick up, (que tiña o servizo de Augas ) pasou a integrarse dentro de Protección civil. Este vehículo pode montar unha coitela quitaneves e un esparcidor de sal electrónico para o seu uso desde dentro da cabina. A coitela e o esparcidor de sal electrónico, quedaron a disposición do Parque Móbil Municipal, para estar dispoñible desde principios de inverno. Será usado por persoal do Parque Móbil, mesmo fóra de xornada ordinaria ao declararse a fase de alerta. Ademais en caso de situación importante, o Parque Móbil terá algún vehículo especial (tractor) que tamén podería mover neve.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-activa-o-plan-de-emerxencias-municipal-ante-alerta-de-nivel-amarelo-por