Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo acondiciona un novo espazo para local social no barrio da Residencia

O Concello de Lugo acondiciona un novo espazo para local social no barrio da Residencia

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 25 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá as novas instalacións do Centro Social logo de adaptar os locais situados na parte baixa da casa domótica da rúa Manuel Leiras Pulpeiro.

O Alcalde sinalou a importancia deste novo espazo xa que “nos permite trasladar aos usuarios do antigo centro polo que ademais se pagaba un aluguer para este novo espazo que é propiedade do Concello, co cal se permite un aforro importante”. Tamén sinalou que “o que queremos é que os usuarios desfruten o máximo e poidan ter un entretemento e estar acompañados”. 

As obras que se levaron a cabo afectaron á pranta baixa e ao entrechan do edificio que se habilitaron para que os usuarios dispoñan de diferentes zonas de esparcemento ao contar con mesas para poder ler, xogar as cartas ou realizar calquera actividade, e cun espazo de sofás para estar máis cómodos. Na parte da entrada, instalouse un local de recepción e almacen, tamén se crearon aseos normais e adaptados, e unha escaleira metálica de acceso ao entrechán con pasamáns e barandillas de aceiro, ademais da adecuación dos espazos para un uso normal. Tamén se abriu unha nova saída pola parte traseira para unha maior seguridade. O presuposto da obra foi de 59.259 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-acondiciona-un-novo-espazo-para-local-social-no-barrio-da-residencia