O Concello de Lugo acolle a presentación da tempada 2025-2026 da Sociedade Filarmónica de Lugo
"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Rubén Arroxo.
Presentáronse os 12 primeiros concertos da tempada, que se celebrarán entre o vindeiro venres 24 de outubro e o 29 de maio.
A presentación contou coa presenza do Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, xunto con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo.
A Real Filharmonía de Galiza, dirixida por Baldur Brónnimann, estreará en Lugo o seu concerto con música da compositora galega Carme Rodríguez.
- Tema
- Benestar social,
- Animación sociocultural,
- Cultura e Turismo,
- Música,
- Programación cultural,
- Xestión cultural

Rubén Arroxo, o tenente de alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide e Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. Hoxe presentáronse os 12 primeiros concertos, que se celebrarán no Círculo das Artes entre o vindeiro 24 de outubro e o 29 de maio de 2026.
Rubén Arroxo lembrou que "desde a Tenencia de Alcaldía continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional" e engadiu "o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo".
A programación desta tempada conta con 12 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza, considerada a máis importante do estado en canto a calidade, ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.
Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.
Programación tempada 2025-2026
- Venres, 24 de outubro
- Ensemble Praeteritum Sinfónico con Pablo Suárez Calero ao violín
- D. Shostakóvich: Concerto para violón nº2 e Sinfonía nº5
- Venres 28 de novembro
- Cuarteto Gerhard
- Ludwig van Beethoven: Cuartetos nº15, op.13t5 e nº15, op.132
- Venres 5 de decembro
- Real Filharmonía de Galiza dirixida por Baldur Brónnimann
- Cometa: Encarga a Carme Rodríguez (estrea absoluta)
- Arvo Pärt: Fratres
- Grazyna Bacewicz: concerto para orquestra de corda
- Louse Farrenc: Sinfonía nº3 en sol menor, op.36
- Sábado 10 de xaneiro
- Abel Tomás ao violín (primeiro violinista do Cuarteto Casals) e Emma Stratton ao piano
- Franz Schubert: Sonatina en la menor, Rondeau Brillant e Fantasía en do maior
- Xoves 22 de xaneiro
- Juan Ferrer ao Clarinete, Raúl Mirás ao violonchelo e Alicia González ao piano
- Tríos para clarinete, cello e piano de Ludwig van Beethoven, Nino Rota e Johannes Brahms
- Sábado 7 de febreiro
- Iria Folgado ao óboe e corno inglés e cuarteto de corda
- Ecos de Breogán: Obras de Benjamin Brittern, Ralph Vaughan Williams, Arnold Bax, Elizabeth Maconchy e Fernando Buíde
- Sábado 28 de febreiro
- Filarmónica Km0
- Banda Filharmónica de Lugo con Pablo Marqués como director convidado
- Obras de José Manuel Izquierdo, Ximo Tarín e Rafael Talens
- Sábado 7 de marzo
- Filarmónica Km0, 1º premio do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2025 do CMUS Xoán Montes de Lugo
- Álex Barcla ao piano e Ensemble de Filharmónica
- Sábado 21 de marzo
- Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Catherina Lee ao violín e Javier Fajardo na dirección
- Max Bruch: Concerto para violín nº1
- Ludwig van Beethoven: Sinfonía nº5
- Xoves 16 de abril
- 1º premio do VII Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo 2024
- David Khirikuli ao piano
- Obras de Franz Schubert, Franz Liszzt, Aleksandr Skriabin e Maurice Ravel
- Mércores 29 de abril
- Lied the Future, coa soprano Belén García Burgos e Esther Villar ao piano
- Liederkreis de Robert Schumann, Lieder de Franz Schubert, Kaija Saariaho, Pauline Viardot, Manuel de Falla e Edvard Grieg
- Venres 29 de maio
- Real Filharmonía de Galiza coa dirección de Amandine Beyer
- Georg Friedrich Händel: Suite nº1 da Música Acuática
- Karl Friedrich Abel: Sinfonía nº4 en do maior
- Johann Sebastian Bach: Abertura e Suite de Amadis de Gaula
Audios
- O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, sobre a nova tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo | Descargar mp3 [1]
- O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, sobre a nova tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo | Descargar mp3 [2]
- José Luis Díaz, sobre a nova tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo | Descargar mp3 [3]
