Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O concello de Lugo achega a cultura aos barrios cun mural sobre a música

O concello de Lugo achega a cultura aos barrios cun mural sobre a música

Maite Ferreiro: “escollemos a rúa dos paxariños para homenaxear á música tradicional e á súa importancia na nosa cultura”

O artista local Iván Mouronte foi o encargado de deseñalo, mentres que Rubén Paz, do colectivo 13 trazos está a realizar o pintado

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Venres, 28 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello de Lugo achega a cultura aos barrios cun mural sobre a música

A Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto coa Área de Infraestruturas Urbanas están a realizar un novo mural na cidade de Lugo. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que se trata dunha “posta en valor dos distintos barrios para transformalos e revitalizar Lugo”.

A través de dous artistas locais, Iván Mouronte no deseño e Rubén Paz, integrante do colectivo 13 trazos, apostouse por promover unha intervención artística de 36 metros para homenaxear á música tradicional, a quen a vive, desfruta e imparte “e á importancia da mesma na cidade e nas nosa vidas”, afirmou a edil de Cultura.

O mural situado na Rúa Paxariños, completa a intervención nese muro que agora forma unha unidade artística. O pintado comezou o pasado día 23 e rematará durante a vindeira semana.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre a música | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-achega-cultura-aos-barrios-cun-mural-sobre-musica

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200828_maite_ferreiro_mural_musica.mp3