Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo abre o prazo para solicitar as autorizacións de acceso para residentes afectados polos cortes de tráfico de San Froilán

O Concello de Lugo abre o prazo para solicitar as autorizacións de acceso para residentes afectados polos cortes de tráfico de San Froilán

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 21 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo abriu hoxe o prazo para solicitar a autorización de acceso para os residentes que se vexan afectados polos cortes de tráfico durante as festas de San Froilán.

Os residentes que interesados en conseguir o permiso deben solicitala na Oficina de Atención ao Cidadán da Policía Local sita na Praza da Constitución en horario de 8:00 a 14:30 horas.

Non se permitirá que ningún vehículo estacione na zona afectada polos cortes de tráfico do recinto, polo que a autorización de acceso servirá unicamente para residentes con praza de garaxe na zona.

Por outra banda, lembramos que os medios interesados en acceder á zona cortada ao tráfico durante a celebración das festas patronais deberán facer a súa solicitude a través do correo electrónico: prensa@concellodelugo.org [1] indicando: o medio, o lugar de estacionamento, as horas, a matrícula e o modelo de vehículo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-abre-o-prazo-para-solicitar-autorizacions-de-acceso-para-residentes

Ligazóns:
[1] mailto:prensa@concellodelugo.org