Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 22/23 ata o vindeiro 1 de xullo

O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 22/23 ata o vindeiro 1 de xullo

Un total de 110 clubs da cidade utilizan as instalacións deportivas municipais ao longo da súa tempada, cedidas de maneira gratuíta.

As entidades interesadas deberán presentar telemáticamente a solicitude co formulario 801 cuberto, que se atopa dispoñible no enlace: https://bit.ly/3OeUCp5 [1]

  • Tema
    • Deportes,
    • Escolas deportivas,
    • Instalacións deportivas
Luns, 13 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 22/23 ata o vindeiro 1 de xullo

O Executivo de Lara Méndez abriu o prazo de solicitude de instalacións deportivas municipais para a tempada 2022 / 2023 ata o próximo venres 1 de xullo. Así o avanzou este luns o edil responsable da Concelleria de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, quen informou que “os clubs que agora mesmo ocupan horario de instalacións deportivas municipais xa foron notificados mediante correo electrónico”.

Para realizar a solicitude, as entidades interesadas deberán presentar telemáticamente a solicitude co formulario 801 cuberto (solicitude IDM) dirixida á Concelleria de  Xuventude e Deportes no rexistro do Concello. O formulario atópase dispoñible no seguinte enlance: https://bit.ly/3OeUCp5 [1] Para poder solicitar instalación é obrigatorio estar dado de alta no Rexistro Municipal de Asociacións [2].

Un total de 110 clubs da cidade de Lugo utilizan todas as instalacións deportivas municipais ao longo da súa tempada, cedidas de maneira gratuíta para todos os seus adestramentos e competicións, que sumado ao importe que reciben das distintas subvencións deportivas municipais "poñen en valor" o apoio do Goberno de Lara Méndez ao deporte base e federado do municipio.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-abre-o-prazo-de-solicitude-de-instalacions-deportivas-municipais-para

Ligazóns:
[1] https://bit.ly/3OeUCp5
[2] https://concellodelugo.gal/es/actuaciones/registro-municipal-de-asociaciones#:~:text=%C2%BFD%C3%B3nde%20se%20presenta%3F,la%20Oficina%20de%20Participaci%C3%B3n%20Ciudadana