Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo abre o prazo de inscrición para participar na Escola de Xadrez

O Concello de Lugo abre o prazo de inscrición para participar na Escola de Xadrez

Martes, 30 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Xa comezou a inscrición para os distintos niveis da Escola de Perfeccionamento ao Xadrez, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, o grupo El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum. Este ano, como novidade, inclúense tamén clases de iniciación e perfeccionamento para familiares.

Haberá diferentes grupos dependendo da idade e do nivel dos alumnos:

Iniciación:

- Xadrez para nenos: Para mozos/as ata os 9 anos. Sábados de 16:30 a 17:30 horas.

- Iniciación para adultos: vernes de 17:00 a 18:00 horas.

- Para familiares: Clases de de iniciación, pendente de fixar o horario onde participan varios membros da familia.

Perfeccionamento:

- Perfeccionamento I: Venres de 18:00 a 19:00 horas.

- PerfeccionamentoII e III: Xoves de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00

- PerfeccionamentoIII: venres de 19:00 a 20 :30 horas e sábados de 11:00 a 12:15 horas.

-Curso Perfeccionamento familiares: vernes de 21:00 a 22:00 horas, clases onde participan varios membros da familia.

Cada grupo estará formado entre 6 e 12 alumnos, que serán atentidos de xeito persoalizado dependendo das súas necesidades e progresos. Ademais, disporán de material didáctico de apoio para realizar na casa.

As clases impartiranse ata o 30 de maio no local que ten a Escola Lucense no Parque da Milagrosa.

Existen becas de axudas para as familias con menos recursos.

Os interesados en obter información ou inscribirse poden facelo na dirección electrónica castruper@yahoo.es [1] ou no número de teléfono: 657 974 937 ata finais do mes de outubro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-na-escola-de-xadrez

Ligazóns:
[1] mailto:castruper@yahoo.es