Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello corrixe problemas de saneamento en Recatelo, reparando as filtracións dun pozo

O Concello corrixe problemas de saneamento en Recatelo, reparando as filtracións dun pozo

Manuel Núñez avanzou estes traballos, que arrincan hoxe, cos que a entidade local garante as boas condicións dun servizo público

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Luns, 05 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer este luns as obras que o Concello acometerá en Recatelo coa fin de corrixir problemas no saneamento. Trátase dunha actuación encamiñada a garantir as boas condicións dun servizo público como é o saneamento.

Con estes traballos, que arrincan hoxe e que contan cun orzamento duns 1.500 euros, o Concello quere acabar coas filtracións dun pozo que se están producindo nesta zona, subliño o edil, ao tempo que asegurou que previamente se realiza un estudo arqueolóxico.

Esta mellora súmase a outras que o Concello vén de acometer ou está acometendo na cidade para mellorar os servizos e infraestruturas públicas, como a reparación do saneamento en Ramón Montenegro ou Armanyá ou a mellora do abastecemento en Fontiñas.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre as reparacións do saneamento en Recatelo | Descargar mp3 [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-corrixe-problemas-de-saneamento-en-recatelo-reparando-filtracions-dun-pozo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/050916_nunez-recatelo.mp3