Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello convoca as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado

O Concello convoca as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 30 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, convoca as axudas económicas que concede o Concello de Lugo a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado.

Esta liña de axudas para persoas con discapacidade dispón dun presuposto este ano de 9.000 euros.

A contía da axuda a cada persoa solicitante será de 800 euros anuais e darase prioridade as persoas con menos ingresos no caso de que o número de solicitudes fora superior ó presuposto co que está dotada a convocatoria.

As bases da convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do sábado, día 27 de abril. O prazo de solicitude será dun mes dende o día seguinte a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O ano pasado o Concello abonou 2.505 euros por gastos de transporte en taxi adaptado a seis persoas con discapacidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-convoca-axudas-para-persoas-con-discapacidade-que-tenan-que-facer-uso-de-taxi