Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello convoca as axudas para o alugueiro e para as asociacións culturais

O Concello convoca as axudas para o alugueiro e para as asociacións culturais

  • Tema
    • Urbanismo
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo abriu o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo. As bases están recollidas do Boletín Oficial da Provincia do sábado, no que se establece un periodo dun mes (até o 11 de abril) para realizar ditas solicitudes.

A documentación necesaria pode consultarse nas bases da convocatoria, que están web municipal, www.lugo.es [1] e deberá presentarse no rexistro de Evislusa e no do Concello de Lugo.

Estas subvencións están a cargo da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pero están xestionadas a través de Evislusa.

A Concellería de Muller tamén abriu o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de subvencións a asociacións culturais para o desenvolvemento de programas de interese xeral. As bases da convocatoria tamén están a disposición dos interesados na web municipal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-convoca-axudas-para-o-alugueiro-e-para-asociacions-culturais

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es