Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello contrata o anteproxecto para a execución das termas de auga quente na contorna do río Miño

O Concello contrata o anteproxecto para a execución das termas de auga quente na contorna do río Miño

  • Tema
    • Desenvolvemento económico,
    • Medio ambiente
Venres, 15 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo acaba de aprobar a contratación á empresa Calcugal S.L. do estudo de viabilidade, deseño e anteproxecto das termas ou piscinas de auga quente non medicinal por xeotermia, caldas que se localizarán na contorna do río Miño. A contratación faise a través dun contrato menor, de 17.484 euros (IVE incluído).

A acción, que se desenvolve a través da estratexia europea DUSI e dos fondos FEDER, enmárcase entre os obxectivos de mellora do medio ambiente e da promoción dos recursos naturais do programa Muramiñae, impulsado polo Concello para acadar unha maior integración da cidade e o río.

As piscinas, que serán de acceso público, non afectarán ao caudal do Miño xa que as augas que se utilizarán serán da traída. Ademais, o anteproxecto será o máis integrador posible coa contorna na busca do menor impacto ambiental e paisaxístico posible.

Con esta acción, ademais de revitalizar a contorna do río, increméntanse os recursos destinados ao ocio dos lucenses, pero tamén se engade un atractivo máis a oferta turística da cidade vinculada ao seu pasado romano xa que os baños públicos formaban parte do seu modo de vida.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-contrata-o-anteproxecto-para-execucion-das-termas-de-auga-quente-na-contorna-do-rio