O Concello continúa na liña de impulsar a educación viaria entre os nenos e nenas cos novos cursos de verán do PIT
Manuel Núñez, Jesús López e Sara Fuentes presentaron a nova edición destas actividades que terán lugar do 4 ao 29 de xullo no Parque Infantil de Tráfico. Estableceranse 7 quendas en función da idade dos cativos
Os interesados poden inscribirse do 13 ao 24 de xuño no PIT ou na Xefatura Provincial de Tráfico. A lista de admitidos publicarase o 29 de xuño
- Tema
- Educación,
- Formación

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez López, un dos monitores do Parque Infantil de Tráfico, Jesús José López Losada, e a Coordinadora de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, Sara Fuentes Seco, presentaron este xoves no Salón de Plenos unha nova edición dos dursos de verán de educación viaria, que terán lugar do 4 ao 29 de xullo no Parque Infantil de Tráfico. Trátase dun curso organizado polo Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, dirixido a preteo de 200 nenos e nenas entre os 8 e os 14 anos, que busca que os máis cativos adquiran condutas seguras como peatóns e viaxeiros e como usuarios do transporte público e privado, así como aspectos sobre tráfico, hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, e situacións de tráfico reais.
Durante a presentación, Manuel Núñez fixo fincapé na importancia destas actividades “que introducen no ámbito educativo o concepto de seguridade viaria ao tempo que os máis cativos coñecen os bos hábitos na vía pública”. O edil tamén salientou o compromiso do Concello coa educación viaria, imprescindilbe para mellorar a seguridade.
Inscrición
Todos os interesados poderán inscribirse do 13 ao 24 de xuño, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico, en horario de 09:00 a 13:30 horas. Deberán achegar a solicitude debidamente cumprimentada, a autorización familiar e unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia. A lista de admitidos publicarase o 29 de xuño no taboleiro de anuncios do Parque Infantil de Tráfico, na páxina web do Concello www.lugo.gal [1] e na Xefatura de Tráfico. A inscrición é totalmente gratuíta.
7 quendas en función da idade
Estableceranse 7 quendas en función das idades dos cativos e cativas. Un primeiro, un segundo e un terceiro turno do 4 ao 8 de xullo e do 11 ao 15 de xullo para nenos e nenas de 8 e 9 anos; e un cuarto e quinto para os pequenos de 10 e 11 anos, do 11 ao 15 de xullo e do 18 ao 22 de xullo. Ademais, do 22 ao 29 xullo haberá un turno para os rapaces de 12, 13 e 14 anos, así como do 18 ao 29 para os que poden empregar ciclomotor.
As actividades desenvolveranse en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas, e de tarde, de 18:00 a 20:30 horas, e cada grupo, non superior a 15 alumnos, asitirá ao menos durante unha semana seguida que será asignada previamente, recibindo formación teórica e práctica.
Máis información en www.lugo.gal [1] ou no teléfono de atención cidadá 010.