Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello continúa co Plan de Roza, que xa acometeu en 13 parroquias

O Concello continúa co Plan de Roza, que xa acometeu en 13 parroquias

  • Tema
    • Medio rural,
    • Urbanismo
Mércores, 02 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello continúa co Plan de Roza, que xa acometeu en 13 parroquias

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, informou este mércores da evolución do plan de bacheo e do de roza no rural, que o Concello está levando a cabo en toda a rede viaria das 54 parroquias, e dos que se ocupa tanto a brigada municipal como empresas contratadas.

Segundo o edil, xa culminou o desbroce en 13 parroquias: Bocamaos, Coeses, Cuíña, Meilán, Monte de Meda, Pías, Piugos, Prógalo, Recimil, Saá, Soñar, Teixeiro e Torible. Actualmente, estanse executar os traballos nas parroquias de Santa María de Bóveda e San Salvador de Outeiro.

O Plan de Roza das pistas da zona rural do municipio, que conta cun orzamento de 97.300 euros, arrincou no mes de xullo e prolongaranse neste mes de agosto ata chegar á totalidade das estradas municipais asfaltadas das 54 parroquias rurais.

Por outra banda, as tarefas de bacheo e rexeneración de firmes das estradas, acometidas pola brigada municipal, estanse desenvolvendo na actualidade na parroquia de Recimil e nos vindeiros meses, continuarán estes traballos ata completarse en todos os núcleos rurais, que suman un total de 1.000 quilómetros de pistas.

Audio

  • O edil Miguel Fernández sobre o plan de roza e bacheo | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-continua-co-plan-de-roza-que-xa-acometeu-en-13-parroquias

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/020817_miguelfernandez_rozaebacheo.mp3