Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello consegue que o SERGAS acometa a poda das árbores do recinto do Vello Xeral, que invadían a vía pública

O Concello consegue que o SERGAS acometa a poda das árbores do recinto do Vello Xeral, que invadían a vía pública

Así o solicitou a entidade local, que se fixo eco das peticións dos veciños e veciñas da zona

  • Tema
    • Medio ambiente
Luns, 28 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello consegue que o SERGAS acometa a poda das árbores do recinto do Vello Xeral, que invadían a vía pública

O Concello de Lugo conseguiu que o SERGAS acometa a poda necesaria das árbores do recinto do Vello Xeral, tras a solicitude da entidade local, que se fixo eco das peticións dos veciños e veciñas da zona. Así, na xornada de hoxe diversos operarios comezaron os labores para retirar as ramas que sobresaían do recinto invadindo a vía pública e producíndolle molestias á veciñanza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-consegue-que-o-sergas-acometa-poda-das-arbores-do-recinto-do-vello-xeral-que