Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello conmemorará o Día de Europa con actos que terán lugar o domingo e o luns

O Concello conmemorará o Día de Europa con actos que terán lugar o domingo e o luns

  • Tema
    • Economía
Mércores, 04 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vai conmemorar o Día de Europa con diversos actos para nenos, que terán lugar o domingo, 8 de maio, e un acto institucional que se celebrará o luns, 9 de maio.

Os actos, organizados por Europe Direct, comezarán o domingo con actividades para nenos que se desenvolverán baixo o lema “A nosa Europa”. A partir das 11 da mañá e ata as 5 da tarde haberá xogos, xincana, obradoiros de debuxo e outras actividades na praza Maior.

O acto institucional do Día de Europa terá lugar o luns, 9 de maio, ás 12 da mañá, diante do Concello. Será presidido polo Alcalde, José López Orozco, que lerá un manifesto conmemorativo. O acto completarase co izado de bandeiras e a interpretación do himno europeo.

Máis información: www.lugo.es/europedirect [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-conmemorara-o-dia-de-europa-con-actos-que-teran-lugar-o-domingo-e-o-luns

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=noticiaAsset&cid=1227495980497&idioma=gl&pagename=EuropeDirect%2FnoticiaAsset%2FEuropeDirectNoticiaDetalle