Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello conmemora o Día da Árbore con ASPNAIS

O Concello conmemora o Día da Árbore con ASPNAIS

Daniel Piñeiro, Carmen Basadre e membros do colectivo realizaron unha plantación simbólica dunha maceira e dunha pereira nas inmediacións da Casa da Xuventude

  • Tema
    • Asociacións sociais,
    • Medio ambiente,
    • Xuventude
Luns, 21 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello conmemora o Día da Árbore con ASPNAIS

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  Carmen Basadre, participaron este luns na plantación simbólica dunha maceira e dunha pereira nas inmediacións da Casa da Xuventude, unha actividade organizada polo Concello para conmemorar o Día da Árbore. A plantación realizouse coa colaboración de membros de ASPNAIS, de persoal de Parques e Xardíns do Concello e de expertos en horticultura. Con esta iniciativa, o Concello trata de pór en valor o papel das árbores e de dar a entender que o cuidado da natureza é unha tarefa de todos.

“O medio ambiente debe ser un dos maiores compromisos dunha sociedade”, asegurou Daniel Piñeiro, quen subliñou que o Concello seguirá traballando a prol dunha contorna sostible, na que a realidade urbana e rural convivan en harmonía. Neste senso, o edil remarcou a importancia de que a sociedade sexa consciente da necesidade de preservar as zonas verdes.

Pola súa banda, Carmen Basadre agradeceu a disposición de ASPNAIS para participar tanto nesta actividade como noutras tantas que se levan a miúdo no Concello. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-conmemora-o-dia-da-arbore-con-aspnais