Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello condena o crime que acabou coa vida dunha veciña de Lugo e decreta tres días de loito oficial

O Concello condena o crime que acabou coa vida dunha veciña de Lugo e decreta tres días de loito oficial

  • Tema
    • Solidariedade
Sábado, 09 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello manifesta a súa firme condena e máxima repulsa ao crime que acabou coa vida da moza veciña de Lugo Tatiana V.A. e mostra as súas condolencias e afecto á súa familia, amigos e coñecidos, uníndose á consternación na que sumiu o seu vil asasinato aos veciños e veciñas do noso municipio.

Informa así mesmo de que se decretou loito oficial de tres días –entre mañá domingo e o martes-, xornadas nas que as bandeiras das instalacións municipais ondearán a media hasta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-condena-o-crime-que-acabou-coa-vida-dunha-vecina-de-lugo-e-decreta-tres-dias-de