Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello condena cun minuto de silencio o terrorismo machista

O Concello condena cun minuto de silencio o terrorismo machista

A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa, concentrouse este venres ante a Casa Consistorial para manifestar a súa repulsa contra esta lacra social

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Violencia de xénero
Venres, 12 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo condenou este venres, nunha concentración celebrada ante a Casa Consistorial, o crime machista ocorrido onte en Becerreá, o primeiro en Galicia no que vai de ano e o noveno do Estado. A Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, gardou un minuto de silencio para manifestar a súa repulsa e condena contra esta lacra social.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o crime machista onte en Becerreá | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-condena-cun-minuto-de-silencio-o-terrorismo-machista

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/120216_minuto_de_silencio_repulsa_crimen_machista_becerrea_alcaldesa.mp3