Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello colabora no III Encontro Lucus a pé que terá lugar o 8 de xuño

O Concello colabora no III Encontro Lucus a pé que terá lugar o 8 de xuño

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 27 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, colabora coa Sociedade Micolóxica Lucus na organización do III Encontro sendeirista e cultural Lucus a pé, que terá lugar o domingo 8 de xuño.

A ruta, que na edición do ano pasado contou coa participación dunhas 600 persoas, está deseñada especialmente para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade de Lugo e parte do seu magnífico cinto verde. 
Tamén haberá un acto de recreación histórica cunha comitiva de lexionarios romanos e entregarase un tentempé e unha bolsa de comida, que serán gratuítos para as asociacións. 
O Lucus a pé comezará ás 10.00 horas coa reunión e recepción dos participantes na rúa San Marcos, fronte ó edificio da Deputación e concluirá no espazo verde do Club Fluvial de Lugo, sobre as 14.30 horas. 
Para información e inscricións, pódese visitar a páxina web www.smlucus.org/lucusape [1].

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-colabora-no-iii-encontro-lucus-pe-que-tera-lugar-o-8-de-xuno

Ligazóns:
[1] http://www.smlucus.org/lucusape