Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello colabora nas Xornadas penitenciarias que tratarán sobre a suspensión de condena e as penas de violencia de xénero

O Concello colabora nas Xornadas penitenciarias que tratarán sobre a suspensión de condena e as penas de violencia de xénero

  • Tema
    • Protección da comunidade
Martes, 14 de setembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e a Presidenta da Asociación penitenciaria Concepción Arenal, Marina Cillero, presentaron hoxe as XXIV Xornadas penitenciarias lucenses que se van celebrar os días 20, 21 e 22 de setembro.

O Concelleiro explicou que este ano as Xornadas “tratarán sobre a suspensión de condena e as penas de violencia de xénero”.

Rábade tamén indicou que as Xornadas son organizadas pola Asociación penitenciaria Concepción Arenal co apoio do Concello, a través do programa Lugo10, e a Deputación provincial. En anos anteriores o número de asistentes foi de 100-150 persoas, a maioría membros das forzas da orde, do mundo da xustiza, psicólogos, entre outros colectivos.

A presidenta da Asociación, sinalou que as cuestións abordadas nestas Xornadas “son cousa de todos” e explicou que os organizadores “buscamos sempre o máximo interese no que tratamos”.

O coordinador do Encontro e vicepresidente da Asociación Concepción Arenal, Juan Manuel Moreno, salientou que nas xornadas van intervir especialistas de renome e indicou que na actualidade 126 persoas condenadas por violencia de xénero cumpren medidas alternativas á prisión na provincia de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-colabora-nas-xornadas-penitenciarias-que-trataran-sobre-suspension-de-condena-e