Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello colabora con Cogami nun curso con compromiso de emprego

O Concello colabora con Cogami nun curso con compromiso de emprego

  • Tema
    • Economía
Martes, 10 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou hoxe no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo un curso que imparte Cogami co compromiso de contratar a seis dos participantes nel.

A empresa social Artegalia, creada por Cogami, ten previsto crear un novo negocio que terá a súa sede no CEI onde se porá en marcha o primeiro Centro especial de emprego para traballadores con discapacidade.

O curso é sobre comercialización de produtos autóctonos. Terá lugar ata o mes de novembro en el participan dez persoas. 
 
cei.lugo.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-colabora-con-cogami-nun-curso-con-compromiso-de-emprego

Ligazóns:
[1] http://cei.lugo.es