Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello colabora coa limpeza do Rato a través do proxecto Ríos

O Concello colabora coa limpeza do Rato a través do proxecto Ríos

  • Tema
    • Medio ambiente
Luns, 01 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Desenvolvemento Sostible, colaborou cunha nova edición do Proxecto Ríos, unha actividade de voluntariado ambiental e concienciación social sobre o coidado dos cauces galegos impulsada por ADEGA, que tivo lugar este domingo no Rato coa participación de 16 persoas de todas as idades. Grazas a esta elevada concorrencia, púidose actuar simultaneamente en dúas zonas distintas, unha na cabeceira do río, e carón do polígono industrial do Ceao, e outra no barrio de Castelo de Abaixo, xunto á vía do tren. Durante a xornada recolléronse 850kgs de refugallos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-colabora-coa-limpeza-do-rato-traves-do-proxecto-rios