Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello colabora coa Asociación Xuvenil do Sagrado Corazón na organización dun desfile para acadar fondos para os seus clubs deportivos

O Concello colabora coa Asociación Xuvenil do Sagrado Corazón na organización dun desfile para acadar fondos para os seus clubs deportivos

  • Tema
    • Xuventude
Mércores, 28 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 30 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo. O prezo das entradas é de 6 euros en venta anticipada e 8 euros na taquilla da discoteca.

Esta asociación de mozos foi fundada en 1990 e conta con 200 socios, todos vinculados ao mundo do deporte e en especial ao baloncesto, actividades de ocio e tempo libre. Durante o desfile, terá lugar a presentación dos novos equipos de baloncesto C.B. Sagrado Corazón e C.P. Maristas.

Para esta actividade contan coa colaboración de diversos establecementos de roupa e complementos da cidade. Ademais se levarán a cabo diversos sorteos de camisetas do CB Breogán, do Ensino e do Azkar, así como actuacións que a organización quere manter en segredo para sorprender aos asistentes.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-colabora-coa-asociacion-xuvenil-do-sagrado-corazon-na-organizacion-dun-desfile-para