Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello colabora co Campamento Urbano Polideportivo

O Concello colabora co Campamento Urbano Polideportivo

  • Tema
    • Deportes
Martes, 08 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe o Campamento Urbano Polideportivo Lumieira C.U.P, que se vai celebrar do 5 ó 30 de xullo adicado a nenos de 6 a 12 anos.

Esta é unha iniciativa da Asociación Lumieira CUP que se celebra na nosa cidade por segundo ano consecutivo e que conta coa colaboración do Concello de Lugo a través das Concellerías de Educación, Deportes e Xuventude.

As actividades desenvolveránse en sesións de mañá e tarde e haberá servizos de comedor e transporte, segundo explicou o responsable do campamento Oscar Manuel Lorenzo Fernández.

Están programados numerosos deportes nos que poderán participar os rapaces como beisbol, judo, balomnan, atletismo, ciclismo, piragüismo e padel, entre outros.
A matrícula poderase facer para todo o mes, cun custe de 500 euros, pero tamén é posible facela por semanas, neste caso custará 150 euros.

Este campamento preséntase como unha posibilidade para a conciliación da vida familiar e laboral durante o verán, dando alternativas de ocio interesantes e saudables aos máis cativos.

Para obter máis información:

http://lumieiralugo.blogspot.com [1]

http://lumieiracup10.blogspot.com [2]

Correo electrónico: lumieiralugho@gmail.com [3]

Teléfono 650 19 89 87


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-colabora-co-campamento-urbano-polideportivo

Ligazóns:
[1] http://lumieiralugo.blogspot.com
[2] http://lumieiracup10.blogspot.com
[3] mailto:lumieiralugho@gmail.com