Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello celebra o Día Mundial das Habilidades da Xuventude cunha charla do locutor musical Fernandisco e unha andaina pola cidade

O Concello celebra o Día Mundial das Habilidades da Xuventude cunha charla do locutor musical Fernandisco e unha andaina pola cidade

Será o venres, 10 de xullo, ás 19:00 horas, nas inmediacións da Casa da Música. Esta conferencia conta coa colaboración de Dj Frisco & Marcos Peón
 
Guido Álvarez guiará a andaina xuvenil pola sostibilidade o 15 de xullo, para a que a entidade local ofrece 25 prazas. As inscricións deben realizarse en xuventude@lugo.gal [1]

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música,
    • Deportes,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 08 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello celebra o Día Mundial das Habilidades da Xuventude cunha charla do locutor musical Fernandisco e unha andaina pola cidade

O goberno de Lara Méndez, a través da Área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira ten previsto, para celebrar o Día Mundial das Habilidades da Xuventude, que se conmemora o 15 de xullo, unha conferencia e unha andaina pola cidade. Concretamente, será unha sesión a cargo do locutor musical Fernandisco, sobre intelixencia emocional e motivación de equipos. O musicoach conducirá dita charla a través da música e empregará cancións para facer fincapé en conceptos ligados ao positivismo, empatía ou superación. Será o venres, 10 de xullo, ás 19:00 horas, nas inmediacións da Casa da Música (no Parque da Milagrosa, ao carón das piscinas exteriores de Frigsa). A asistencia é libre ata completar aforo.

Esta charla, baixo o título Rescate emocional, conta coa colaboración de Dj Frisco & Marcos Peón, dous deejays con máis de 20 anos de experiencia en cabinas, e dos galegos (un deles lugués) máis internacionais. Tamén son productores musicais, con máis de 15 temas orixinais no mercado.

A maiores, o propio día 15, haberá unha andaina xuvenil pola sostibilidade. Será a cargo do guía, veciño e namorado de Lugo Guido Álvarez Parga. Hai 25 prazas (por orde de inscrición) e a saída é ás 10:30 horas, do Parque Rosalía de Castro, diante do busto da escritora. A duración desta andaina é de 3 horas. Os mozos e mozas de 14 a 35 anos interesados en participar deben realizar a súa inscrición do 8 ao 15 de xullo a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal [1].

Nota: Se alguén esta interesado en entrevistar a Fernandisco ou a Guido Álvarez, pode poñerse en contacto a traves do correo electrónico: prensa@lugo.gal [2]

Audio

  • A edil de Xuventude, Ana G. Abelleira, sobre o Día das Habilidades | Descargar mp3 [3]

 Vídeos

  • Fernandisco, sobre o Día das Habilidades | Descargar mp4 [4]
  • Guido, sobre o Día das Habilidades | Descargar mp4 [5]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-celebra-o-dia-mundial-das-habilidades-da-xuventude-cunha-charla-do-locutor-musical

Ligazóns:
[1] mailto:xuventude@lugo.gal
[2] mailto:prensa@lugo.gal
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/080720_dia_de_habilidades_-_ana_g._abelleira.mp3
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/080720_dia_de_habilidades_-_fernandisco.mp4
[5] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/080720_dia_de_habilidades_-_guido.mp4