Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello aúna forzas con CONFEMAC para concienciar sobre o alzheimer, coincidindo co día mundial desta doenza

O Concello aúna forzas con CONFEMAC para concienciar sobre o alzheimer, coincidindo co día mundial desta doenza

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Dependencia,
    • Desenvolvemento social,
    • Servizos sociais,
    • Desenvolvemento local,
    • Sanidade
Martes, 20 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello aúna forzas con CONFEMAC para concienciar sobre o alzheimer, coincidindo co día mundial desta doenza

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora o 21 de setembro, o Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que lidera Olga López, realiza unha campaña para aconsellar á veciñanza que se planifique ante a posibilidade de desenvolver esta enfermidade, decidir o futuro que quere e evitar con antelación que se vulneren os seus dereitos fundamentais.

Baixo o lema "Non esquezas deixar claro o teu futuro", Benestar Social dará forza a esta campaña, que lanzou a Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC).  Entre as accións que levará a cabo a Concellería inclúese a instalación de diversos mupis en distintos puntos da cidade, así como a súa difusión nas redes sociais e nos distintos centros de convivencia municipais.

Olga López manifestou que celebrar esta data serve para concienciar sobre esta enfermidade, da que se estima que para o ano 2050 o número de persoas que a padezca ascenda a 131,5 millóns, e que tamén afecta ás persoas coidadoras directas e familiares. Nesta liña, a Concelleira fixo un chamamento para que a cidadanía se informe sobre esta enfemidade  e como facer, para que, de ser o caso, ter o futuro que cada persoa queira, decidido con antelación, en pleno uso das capacidades cognitivas. Así mesmo, aconsellou achegarse a coñecer o labor das asociacións que traballan neste eido, planificar en que circunstancias quere unha persoa ser coidada en caso de padecer alzheimer, facer valer os dereitos, pois esta doenza trae consigo a perda de memoria e outras facultades e deixar todo por escrito.

Esta é a quinta de oito campañas, que no marco do lema "Persoas maiores, cos mesmos dereitos", puxo en marcha CONFEMAC, xunto a municipios de todo o territorio nacional, ata finais de ano.

A Concellería de Benestar Social apoia con 10.000 euros á Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFALU) para levar a cabo actividades de estimualación cognitiva.

Audio

  • A edil de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, Olga López, sobre a CONFEMAC | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-auna-forzas-con-confemac-para-concienciar-sobre-o-alzheimer-coincidindo-co-dia

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200922_confemac_-_olga_lopez.mp3