Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello arranxará a vindeira semana a fuga dun colector de saneamento en Pintor Pacios

O Concello arranxará a vindeira semana a fuga dun colector de saneamento en Pintor Pacios

  • Tema
    • Educación,
    • Infraestruturas
Sábado, 02 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación e Infraestruturas Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, acometerá a vindeira semana a reparación dun colector da rede de saneamento que dá servizo á rúa Pintor Pacios. A entidade local, tras recibir o aviso por parte da veciñanza da zona, realizará de xeito urxente as obras necesarias para reparar dito colector, cunha fuga de augas residuais á altura do número 19 desta rúa, e garantir así o bo funcionamento deste servizo público á veciñanza.

Previsiblemente, o vindeiro luns, comezará a execución das tarefas tras realizarse nos últimos día a localización da avaría.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-arranxara-vindeira-semana-fuga-dun-colector-de-saneamento-en-pintor-pacios