Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello arranxa o muro do colexio público de Albeiros tras o parcial derrubamento que se produciu nos últimos días

O Concello arranxa o muro do colexio público de Albeiros tras o parcial derrubamento que se produciu nos últimos días

  • Tema
    • Centros de ensino
Martes, 19 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello arranxa o muro do colexio público de Albeiros tras o parcial derrubamento que se produciu nos últimos días

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, avanzou este martes o remate das tarefas de arranxo dunha parte do muro que rodea o colexio público de Albeiros, que se derrubara nos últimos días. Deste xeito, con estas actuacións, a entidade local garante a seguridade do alumnado.

O Concello levou a cabo estes traballos de reconstrución e de pintura a través do Plan Mellora Lugo, que xunto á area de actuación de infraestruturas e educación, engloba outras tarefas en medio rural, deportes e medio ambiente. Este plan foi posto en marcha un ano máis polo Goberno co dobre obxectivo de fomentar o emprego e realizar traballos de acondicinamento e mantementode instalacións e zonas públicas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-arranxa-o-muro-do-colexio-publico-de-albeiros-tras-o-parcial-derrubamento-que-se