Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello aproba a rebaixa de salarios da Corporación

O Concello aproba a rebaixa de salarios da Corporación

  • Tema
    • Xuventude
Luns, 07 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A baixada de soldos, proposta polo Goberno local, e aprobada por unanimidade e sen debate, supón que o Alcalde verá diminuido nun 8% o seu salario e os Concelleiros un 7%, seguindo as directrices que aprobou a Federación Española de Municipios e Provincias.
Con anterioridade a esta medida, a Corporación lucense tiña conxelados os seus salarios dende hai dous anos, tamén a proposta do Alcalde, José López Orozco.

A corporación aprobou tamén instar á Xunta de Galicia a que faga unha nova asignación de colexios beneficiados polo Proxecto Abalar no Concello de Lugo. Á proposta, que presentou o grupo socialista, incorporouselle unha enmenda do BNG na que se propón adicar ó fomento das novas tecnoloxías no ámbito educativo o millón de euros reservado pola Xunta á campaña do novo decreto do galego no ensino.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-aproba-rebaixa-de-salarios-da-corporacion