Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello ampliará o contrato coas redactoras do PXOM para os estudos demandados por Medio Ambiente

O Concello ampliará o contrato coas redactoras do PXOM para os estudos demandados por Medio Ambiente

  • Tema
    • Urbanismo
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Nun prazo de dous meses estará rematada a documentación suplementaria solicitada pola Consellería de Medio Ambiente para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Así o anunciou hoxe o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, quen sinalou que a proposta oficial entrará no Concello o luns, aínda que no día de hoxe informou da proposta aos voceiros dos partidos políticos da oposición.

A documentación esixida requirirá dun traballo posterior que realizará o propio equipo redactor do Plan por un orzamento de 48.000 euros e cun prazo de execución de dous meses dende a formalización do contrato.

Por esta razón, o Concelleiro indicou que a próxima semana tentará levarse á mesa de contratación para poder firmar o contrato en dúas semanas.

Gómez Besteiro indicou que serán varios puntos os que se estudarán neste prazo para facilitar a documentación solicitada. En primeiro lugar analizarase a capacidade do sistema hídrico da cidade, no abastecemento, afecciones ambientais e análise de saneamento.

Ademais presentarán a solicitada xeneración e xestión de residuos, tanto os sólidos urbanos, a reciclaxe ou os industriais.

Medio Ambiente solicita tamén a evaluación da sostenibilidade da mobilidade xerada polo proxecto do Plan Xeral. Fai referencia este punto á rede viaria existente e prevista, así como aos modos non motorizados, referente este á peonalización.

Realizarase tamén, tal e como esixe Medio Ambiente, unha análise dos contaminantes que se botan á atmósfera, tanto os domésticos ou o tráfico como o industrial. Por suposto, tamén se analizará a contaminación acústica, en viarios existentes e previstos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-ampliara-o-contrato-coas-redactoras-do-pxom-para-os-estudos-demandados-por-medio