Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello amplía o prazo para participar no concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIV

O Concello amplía o prazo para participar no concurso co que se escollerá o cartel do Arde Lucus MMXIV

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 11 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, amplia o prazo para aquelas persoas que se queiran presentar ao Concurso do cartel Arde Lucus 2014 ata o 28 de febreiro de 2014.

Trátase dun certame no que, por terceiro ano consecutivo, un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que máis represente o espíritu da Festa declarada de Interese Turístico e no que pode participar toda a cidadanía con traballos en A3. Os carteis obrigatoriamente terán que levar os seguintes compoñentes: Arde Lucus XXMMIV, Festa de Interese Turistico Galego, a web do Arde Lucus, a data de celebración que serán os días, 13, 14 e 15 de xuño e os logotipos das redes sociais. O premio para o gañador é de 1.000 euros.

Os interesados poderán deixar os seus traballos nun sobre pechado na Casa da Xuventude en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-amplia-o-prazo-para-participar-no-concurso-co-que-se-escollera-o-cartel-do-arde