Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello amósalle á Consellería de Educación os terreos que lle ofrece para construir un novo colexio no Sagrado Corazón

O Concello amósalle á Consellería de Educación os terreos que lle ofrece para construir un novo colexio no Sagrado Corazón

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 13 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, reuníronse hoxe co Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Oitavén, ó que lle facitaron máis información sobre os terreos que o Concello lle ofrece á Consellería para que constrúa un novo colexio no barrio do Sagrado Corazón.

O encontro tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, e tamén participaron nel a Directora Xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, xunto con técnicos municipais e autonómicos.
Logo da reunión, o Concelleiro de Urbanismo e os técnicos municipais acompañaron á delegación de Educación a coñecer in situ os terreos que ofrece o Concello.
Trala visita, Luis Álvarez explicou que o Concello daralle toda a colaboración precisa á Consellería, que inicialmente pedía 8.000 metros cadrados e agora ampliou os 10.000 metros cadrados a superficie necesaria.
Tamén manifestou que o Concello está disposto a atender ese novo requerimento para que a Consellería de Educación constrúa o colexio para atender as necesidades dos veciños do barrio do Sagrado Corazón.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-amosalle-conselleria-de-educacion-os-terreos-que-lle-ofrece-para-construir-un-novo