Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O concello agarda que a Xunta de Galiza autorice o acondicionamento da vía de Castelo de Arriba ao HULA

O concello agarda que a Xunta de Galiza autorice o acondicionamento da vía de Castelo de Arriba ao HULA

Alexandre Penas: “Ao coincidir un tramo desta vía co Camiño Primitivo debemos obter autorización da dirección xeral de Patrimonio”

A vía é utilizada habitualmente por moitas persoas para chegar ao HULA

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Martes, 28 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello agarda que a Xunta de Galiza autorice o acondicionamento da vía de Castelo de Arriba ao HULA

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o concello remitiu á Dirección Xeral de Patrimonio o proxecto para acondicionar a vía de Castelo de Arriba, na parroquia de Castelo. “Ao coincidir un tramo desta vía co percorrido do Camiño Primitivo, debemos obter a autorización de Patrimonio para poder intervir nesta rúa”, indicou Alexandre Penas.

“Esta rúa é usada a diario por moitas persoas para chegar ao HULA, ademais de polas veciñas e veciños da zona”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “unha vez Patrimonio autorice a actuación comezaremos o proceso de adxudicación”.

Alexandre Penas sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida das  veciñas e veciños, que agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o Castelo de Arriba | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-agarda-que-xunta-de-galiza-autorice-o-acondicionamento-da-de-castelo-de-arriba-ao

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200128_alexandre_penas_castelo_de_arriba.mp3