Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello agarda que a Confederación informe canto antes do proxecto municipal para a zona de baño pública no río Miño

O Concello agarda que a Confederación informe canto antes do proxecto municipal para a zona de baño pública no río Miño

A entidade local enviou á Confederación a documentación técnicas, planos, características e material dos pantaláns que prevé instalar no río Miño, coa finalidade de establecer esta zona pública para o goce da veciñanza

  • Tema
    • Medio ambiente
Sábado, 01 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo agarda que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informe canto antes do proxecto municipal sobre os pantaláns para a zona de baño pública no río Miño. Así o manifestou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen insistiu en que o Concello avanza, paralelamente, na elaboración das condicións técnicas que rexerán o concurso de adxudicación do servizo de aluguer, instalación e mantemento desta área de baño municipal, co obxectivo de facilitar esta nova alternativa lúdica no menor tempo posible.

A entidade local enviou á Confederación a documentación técnicas, planos, características e material dos pantaláns que prevé instalar no río Miño, coa finalidade de establecer esta zona pública para o goce de todos os veciños e veciñas de Lugo, que se situará en terreos municipais situados no Parque do río Miño. Esta ubicación definiuse tras un estudo de diversas alternativas e a elaboración dunha batimetría, que definiu o lugar máis idóneo para instalar estas estruturas modulares.

As piscinas flotantes a instalar nesta zona estarán formadas por estruturas modulares, coa mínima afección ao entorno fluvial. Serán resistentes cos cantos redondeados e suaves, cunha superficie antideslizante. Ademais, o conxunto da estrutura incorporará un sistema de autorregulación dos seus compoñentes en relación cos niveis de balanceo das augas. A instalación cumprirá con toda a normativa vixente en materia de industria e seguridade e saúde.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-agarda-que-confederacion-informe-canto-antes-do-proxecto-municipal-para-zona-de