O Concello adxudica o desbroce de 700 kilómetros de pistas nas parroquias da zona rural que suporán un investimento de 100.000 euros
O Concello adxudicou hoxe o servizo de roza en pistas de parroquias da zona rural de Lugo. Os traballos que se levarán a cabo durante este ano suporán un investimento máximo de 101.640 euros, IVE incluido, e foron contratados á empresa Murat Construcción y Mantenimiento cun prezo de 129,47 euros por kilómetro.
A este contrato, convocado polo procedemento aberto, optaban seis ofertas e o prezo de licitación por kilómetro desbrozado fora de 145,20 euros/km, IVE incluido.
- Tema
- Infraestruturas
A Concellería de Infraestruras e Zona Rural ten previsto que os traballos de desbroce que se levarán a cabo mediante este contrato afectarán a 700 kilómetros de pistas e o prazo de execución do contrato vai do 16 de xuño ó 12 de setembro.
Mantemento de viais
A Mesa de Contratación tamén abriu hoxe as ofertas presentadas polas tres empresas participantes no procedemento aberto para a contratación de subministración de áridos para levar a cabo as obras de mantemento dos viais de titularidade municipal.
O acordo marco terá unha vixencia dun ano podendo prorrogarse por un período máximo de dous anos.
Neste caso, as ofertas pasan a informe técnico previo á adxudicación. Na convocatoria estableceuse como condición a utilización de áridos reciclados para abaratar custes e favorecer o medio ambiente.
A cantidade anual que deberá subministrarse estímase en 5.000 toneladas.e o presuposto máximo de licitación para a primeira anualidade ascende a 40.000 euros, IVE incluído.
Equipos para os Bombeiros
Ademais, a Mesa de Contratación acordou pasar a informe técnico as ofertas das tres empresas que optan á subministración de equipamento de intervención para o Corpo de Bombeiros. Neste caso, os técnicos deberán avaliar as calidades e o cumprimento da normativa de seguridad dos materiais dos equipamentos de uniformidade de intervención para os Bombeiros.
Neste procedemento aberto o Concello convocou a contratación da subministración de equipamento de uniformidade de intervención para o Corpo de Bombeiros, consistente en 51 equipos de chaquetón e cubrepantalóns.
O valor estimado do contrato é de 56.610 euros, IVE incluído, e o prazo de subministración das pezas será de 120 días naturais dende a formalización do contrato.