O Concello adquire material laboral e de seguridade por importe duns 11.000 euros a cargo do bonus bueno
Faino para continuar asegurando as boas condicións de traballo en materia de seguridade, saúde e prevención de riscos laborais de todos os traballadores e traballadoras
- Tema
- Educación,
- Seguridade,
- Recursos humanos,
- Cemiterio
O Concello de Lugo mellorará as condicións de traballo do persoal que desenvolve as súas funcións na Policía Local, no cemiterio municipal de San Froilán e nas escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes. Faino a través da adquisión de material laboral e de seguridade por valor de preto duns 11.000 euros, co obxectivo de continuar asegurando, con rigor, as boas condicións de traballo en materia de seguridade, saúde e prevención de riscos laborais de todos os traballadores e traballadoras.
Nesta liña, o Concello figura como modelo a seguir na Guía de Xestión de Recursos humanos na Administración Pública, realizada pola mutua Egarsat, e presentada o pasado maio, sendo durante 3 anos consecutivos beneficiarios do bonus bueno por ser entidade de baixo índice de sinistralidade e días de baixa laboral.
Deste xeito, a entidade local mercará un caixón de aceiro e de cabina de zona fría para o cuarto de armeiros da Policía Local por un importe de 5.379,30 euros e un transportín de féretros tipo coche tumba para o cemiterio municipal de San Froilán por valor duns 2.700 euros.
Ademais, tamén se adquirirá o material de seguridade, escadas de madeira para cambiadores, cadeiras de apoio e berces de evacuación para as escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes, realizando para elo unha inversión de 2.700 euros.